Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O 112 Galicia recibiu o aviso por mor deste accidente arredor das 19:20 horas, momento no que un particular empregou o número único de emerxencias para informar do suceso. Segundo indicou, unha persoa levara un golpe cun tractor no Coto, na parroquia de Branzá. O ferido, consciente despois do golpe, non estaba atrapado.
Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o punto.
Unha vez na zona, o ferido foi evacuado a bordo do helicóptero. Cómpre mencionar que tamén acudiron ata o lugar a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Arzúa.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)