Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 marzo, 2024
Foto: Arquivo
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediulle esta mañá ao goberno de BNG que se poña a traballar de deixe de buscar problemas onde non os hai.
Ao respecto da solicitude de declaración de zona de aluguer tensionada, Verea considerou unha tomadura de pelo a actitude dos nacionalistas ao pedila a través dos medios de comunicación pero non ser quen de seguir os cauces administrativos correspondentes.
“Se eu fose alcalde -sinalou o líder popular-, o último que querería é que a Xunta definise a miña política de vivenda na cidade, e menos aínda que decidisen eles cales deberían ser as zonas tensionadas”. “De aí a importancia de presentar esa solicitude desde o concello”, engadiu.
Nese senso, indicou que “o primeiro que ten que facer o goberno do BNG é poñerse a traballar e deixar de criticar a outras administracións, porque se o que queren é que lles fagan outros o traballo o que deberían facer é deixar paso aos que si temos ganas de crear un Santiago de futuro e de xestionar con seriedade e rigor a capital de Galicia”.
Verea calificou de tomadura de pelo as declaracións de onte mesmo dos nacionalistas, “como é posible que se queixen de que terán que redactar informes moi exhaustivos que levarán semanas de traballo? É que de iso trata o de gobernar, non só de saír nas fotos e lanzar mensaxes nos medios, hai que traballar, señores do BNG”.
O tamén deputado autonómico insistiu en cal será a súa política de vivenda cando cheguen ao goberno. “non estamos a favor do control dos prezos de alugueiro por imperativo legal, posto que ese intervencionismo levará a moitos propietarios a sacar do mercado os seus pisos por no cubrir gastos ou considerar que non lles compensa ante a falta de seguridade xurídica coa que se atopan a diario”. Así, ao desaparecer oferta de pisos en zonas tensionadas, os que estean dispoñibles en zonas libres verán aumentado o seu prezo de alugueiro; estariamos por tanto ante o efecto contrario ao que pretenden con esta medida.
Para o Partido Popular, a solución pasaría por promocionar a colocación no mercado deses milleiros de pisos que están baleiros na cidade. Así, Verea salientou as medidas que xa levaban no seu programa de goberno nas eleccións de maio do 23. “Creariamos un bono alugueiro que lle daría garantías ao propietario ao pasar a xestión dos pisos a mans do concello e garantindo unha renda mensual; e posibilitaría o acceso á vivenda de familias, maiores, xente moza e persoas con escasos recursos cunha bonificación do alugueiro”.
O líder popular insistiu en que “a día de hoxe hai que protexer a ese pequeno propietario porque no momento en que eses pisos aparezan no mercado desta cidade, automaticamente van baixar os prezos e moita xente poderá asumir ou conseguir alugar un piso en Santiago a un prezo moi asequible”.
Escrito por Líder Redacción
actualidade compostela politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)