AD

Actualidad

Verea disconforme coa actuación da Panorama no Obradoiro «cun informe negativo»

today30 abril, 2024

Fondo
share close
AD

Así, “con qué lexitimidade lle pedimos aos veciños do Casco Histórico que cumpran as normas se o primeiro en non cumprir é o goberno do BNG?”, preguntouse.

O líder popular instou ao BNG a que se poña a traballar para que se poida levar a cabo esta actuación cumprindo as normas, sen que isto supoña ningún tipo de perxuicio para o noso patrimonio.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediu hoxe “coherencia e exemplaridade pública” ao BNG por pretender levar a cabo un evento no Obradoiro cun informe negativo de Patrimonio.

Verea advertiu que o BNG ten “desorientada a toda a cidade”, xa que leva un ano destinando cartos públicos a unha campaña de publicidade coñecida como Fráxil para coidar o patrimonio e advertirnos a todos que debemos ser moi prudentes na zona histórica e agora quere saltarse un informe de Patrimonio para facer un concerto con 20.000 persoas saltando nas mesmas pedras nas que non queremos deixar que se apoien os veciños”. Así, “con qué lexitimidade lle pedimos aos veciños do Casco Histórico que cumpran as normas se o primeiro en non cumprir é o goberno do BNG?”, preguntouse.

Por ese motivo, salientou que “as cousas hai que facelas ben, e cumprindo cos informes técnicos necesarios; o que ninguén entende nesta cidade é que pasen de prohibir á xente que se apoie nas columnas do Pazo de Raxoi a permitir que 20.000 persoas salten sobre as pedras do Obradoiro cun informe de Patrimonio en contra”.

Verea instou ao BNG a que se poña a traballar para que se poida levar a cabo esta actuación cumprindo as normas, sen que isto supoña ningún tipo de perxuicio para o noso patrimonio. Nese senso, engadiu, “estaría ben que o BNG deixase claro o tipo de políticas que quere para Santiago, e non un día lanzar unha campaña de defensa do patrimonio e ao día seguinte obviar os informes dos técnicos municipais para un evento en pleno Obradoiro”. “Para iso está claro que hai que traballar con rigor e seriedade, algo ao que non están acostumados os nacionalistas”, salientou.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%