Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 septiembre, 2026
Teo (A Coruña), 23 de setembro de 2026.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, vén de solicitar unha xuntanza urxente coa rexedora e o concelleiro de Mobilidade de
Santiago de Compostela, ante a falta de información sobre os cambios que afectarán ás liñas dos buses urbanos -12 e 6- que chegan ata Os Tilos.
Neste senso, a rexedora de Teo mostrouse sorprendida ante a falta de información por parte do Concello de Santiago sobre uns cambios que afectarán de forma negativa á veciñanza de Teo, usuaria desas liñas que conectan ambos municipios. De feito, non se recibiu por parte de ningún departamento do municipio veciño ningún tipo de información sobre eses cambios, sen que Teo puidese trasladar algún tipo de aportación ou suxestión sobre as novas liñas.
Por iso, a alcaldesa quere coñecer en profundidade a nova proposta de rutas, por si se puidera facer algún cambio antes da entrada en vigor do novo contrato. Cabe salientar que a liña 12 conectaba a zona dos Tilos co Hospital Provincial e co Hospital Clínico facilitando así o traslado da veciñanza teense, e a de Santiago, a ditos centros. Doutra banda, a liña 6 terá unha diminución nos tempos de frecuencia de ata 10 minutos, o que supón unha traba para os veciños dos Tilos e tamén para os que fan o transbordo co bus lanzadeira de Teo.
Neste senso, Lucía Calvo de la Uz lembra que en setembro de 2024 renovouse ata o ano 2028 o convenio de colaboración entre ambos municipios para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos, que se vería afectado cos cambios propostos polo consistorio santiagués. Así, con esta situación, o Concello de Teo busca solucionar a tempo un posible problema que afectaría a veciños de ambos municipios, pois cabe apuntar que moita xente que vive en Teo traballa e estuda en Santiago e viceversa.
A conectividade, sinala Calvo de la Uz, debe ser eficiente e velar por unha mobilidade axeitada e real, sempre en favor da veciñanza, alterando o menos posible a vida diaria das persoas usuarias deste servizo público.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)