AD

Destacado

Verea visita Rial de Conxo para denunciar que «o BNG leva 6 meses de costas aos veciños»

today22 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • “Esta é a política da rexidora nacionalista que anunciou a bombo e platiño durante a campaña? Ignorar aos veciños dun barrio enteiro e desprezalos nos medios de comunicación?”, lamentou o líder popular
    “A saber en qué ocupan o tempo porque está claro que en traballar pola nosa cidade non, estamos sen orzamento, sen atender as queixas veciñais, atacando ás nosas cafeterías e bares en vez de consensuar solucións con eles, eso si contratando amigos e asesores cos cartos de todos”, sentenciou.

O líder popular, Borja Verea, acompañado dos concelleiros Adrián Villa e José Ramón de la Fuente, acudiu, por petición da veciñanza, ata Rial de Conxo para comprobar de primeira man o estado tercermundista no que se atopa o barrio así como as inundacións que sofren cada vez que chove na zona.

E é que moitas vivendas sofren inundacións constantes debido á mala canalización da rede de pluviais, posto que “o sumidoiro principal está obsoleto e non dá a basto; iso sen contar que ademais as augas fecais e pluviais van nunha mesma canalización, algo que debería estar xa separado”, explicaron os veciños durante o encontro.

Verea calificou de “falta de respecto” que o partido nacionalista se dedicase a ir polos medios de comunicación dicindo que se trataba dun “problema de catros veciños”. Só hai que achegarse ao barrio para comprobar que se trata dunha zona completamente abandonada en limpeza, mantemento e sinalizacións, “o estado lamentable de Rial de Conxo ten que facerlle caer a cara de vergoña aos dirixentes do BNG, e sen embargo ningunean aos veciños”. Estamos falando de persoas que, por exemplo, “cada vez que chove teñen que ir correndo á súa casa para achicar auga e que non se lle acumulen máis desperfectos na vivenda”.

Así, o líder popular non entende que os veciños presentasen por rexistro xa no verán unha serie de demandas, entre as que iba reflectida esta problemática, e desde o Concello non se lle dese ningún tipo de resposta. “Esta é a política do BNG? O que anunciaron a bombo e platiño durante a campaña? Ignorar aos veciños dun barrio enteiro e desprezalos nos medios de comunicación?”, lamentou.

Os veciños tamén trasladaron a súa inquedanza polo traslado dos colectores do lixo, que nos últimos meses sufriron varios cambios de ubicación. Neste caso non entenden o primeiro cambio, posto que non había ningunha queixa formal por parte da veciñanza e desde que os empezaron a mover apareceu o descontento: en primeiro lugar pola distancia ata as casas, imposibilidando a moitos veciños que poidan tirar o lixo por ter que desprazarse con bastante peso; e en segundo por “plantalos” ao lado da marquesiña do bus, onde os usuarios do transporte público teñen que sorportar os olores que desprende o lixo.

Para o líder popular estamos ante un exemplo máis das políticas nacionalistas, onde se toman decisións de maneira unilateral sen consensualas con ninguén e non se escoita aos veciños, “non se entende senón que non se lle dea resposta ás demandas das veciñanza, como no caso dos asolagamentos, e a os cambios que fan sexan en detrimento do benestar da mesma, como o cambio de ubicación dos colectores de lixo.”

Ademais criticou que a alcaldesa do BNG esté tan ocupada que non se poda achegar nin a visitar aos seus propios veciños. “A saber en qué ocupan o tempo porque está claro que en traballar pola nosa cidade non, estamos sen orzamento, sen atender as queixas veciñais, atacando ás nosas cafeterías e bares en vez de consensuar solucións con eles, eso sí, contratando amigos e asesores cos cartos de todos”, sentenciou.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%