Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 junio, 2024
O alcalde e o resto da corporación municipal percorreron a feira e promoveron o municipio no seu propio stand
Vila de Cruces, 3 de xuño de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces tivo unha gran presenza na Feira Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrou en Silleda do xoves 30 de maio ao domingo 2 de xuño. O Concello tivo un stand promocional polo que pasaron centos de visitantes vendo as propostas turísticas e gastronómicas do municipio.
O alcalde, Luis Taboada, e o concelleiro Julio López, asistiron á inauguración oficial do xoves, ademais de achegarse ao stand do programa de rutas de sendeirismo ‘Goza do Ulla 2024’ na feira Turexpo Galicia 2024, enmarcada na Semana Verde. O Concello de Vila de Cruces forma parte deste programa no que se fomenta o turismo de natureza.
Tamén na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), que se desenvolve na programación da Semana Verde, organizouse o venres unha degustación gratuíta do galo de Curral, cociñada polo establecemento crucense Casa Don Din, na que estivo presente a corporación municipal e polo que pasou un gran número de persoas a probar o galo.
Xa o domingo celebrouse un showcooking a cargo da empresa Culinaria de Silleda, onde se puxo en valor o galo de curral lembrando a difusión por toda España que fai esta firma deste produto crucense con pratos preparados para o Nadal ou outras festividades. Actualmente, Culinaria ten un convenio de colaboración coa Asociación de Criadores do Galo de Curral.
O concelleiro Julio López asistiu a este showcooking onde falou do éxito da última edición da XXX Festa Gastronómica do Galo de Curral, celebrada o último fin de semana de maio. A festa aspira a converterse en Festa de Interese Turístico Nacional. “O galo de curral é un produto único, criado en liberdade, que come millo, trigo e verzas en explotacións artesás, criado con moito cariño aínda que isto supoña unha produción máis pequena. Corren todo o día, crean unha gran musculatura e queiman a graxa para que o produto final xa cociñado sexa exquisito” –explicou–.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)