Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 mayo, 2024
Elena Belenda, xerente de Belenda Servizos Inmobiliarios, ofreceu este mércores en Radio Líder Santiago unha analise sobre a situación dos alugueiros en Santiago de Compostela, unha cidade que conta cunha elevada demanda e escasa oferta.
Belenda destaca que os prezos do aluguer na capital galega alcanzan o seu máximo en Santa Marta, ademáis da zona do El Corte Inglés, por ser construcción recente e ter garaxe. O prezo medio dun aluger en Santiago ronda os 700 euros ao mes, nun inmoble de dúas habitación chegando aos 800 euros con tres habitacións. O máis económico é alugar un estudio ou un piso cunha habitación por 400 euros.
Segundo explica a profesional, este incremento de prezos débese á escaseza de propiedades dispoñibles no mercado, atribuída ás cuaestións legais que desprotexen aos en gran medida aos propietarios e que lles deixan desprotexidos antes un impago. Así como a falta de construción nova que lograría ter a menos xente buscando arrendar polo que os prezos baixarían. Outro dos puntos que restan algueiro de longa duracción é o arrendamento aos estudantes, onde cada vez máis propietarios así o elixen porque o impago é menos probable, así como que nos meses do verán os donos poden dispoñer do inmoble.
A situación tamén se reflicte en concellos limítrofes como o de Ames, onde a oferta de pisos en aluguer comeza a ser limitada e onde o custo semella comparable co da capital galega. E máis, Elena asegura que «comeza a ser máis complicado atopar un aluguer en Bertamiráns que en Santiago». Esta tendencia destaca a necesidade de abordar as cuestións relacionadas co mercado inmobiliario na capital e arredores, e a importancia de buscar solucións para asegurar o acceso á vivenda para todos os cidadáns.
Tes a entrevista completa, no seguinte enlace.
Escrito por Líder Redacción
aluguer compostela Entrevista noticias radio lider santiago santiago sector inmobiliario
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)