A pantalla xigante trasládase finalmente aos exteriores do Multiusos do Sar
O Concello de Santiago instalará unha pantalla xigante na zona exterior do Multiusos Fontes do Sar o vindeiro venres 8 de maio, ás 21.00 horas, para que todas aquelas persoas que non poidan acceder ao pavillón poidan seguir en directo o decisivo encontro entre o Monbus Obradoiro e o Gipuzkoa Basket. O partido será clave para o futuro inmediato do conxunto compostelán, xa que unha vitoria permitiríalle lograr o ascenso directo á ACB, nunha noite moi importante para a entidade […]