AD

Comarca

Boqueixón impulsa os “Tardeos no Pico Sacro” para potenciar o turismo e os produtos locais

today29 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • O alcalde de Boqueixón e o chef lalinense Álex Iglesias presentarán esta iniciativa nun “Almorzo saudable” coa rapazada do Verán Activo

Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, que dende as 10:00 horas elaborarán un “Almorzo saudable” baixo as indicacións do chef lalinense.

Os “Tardeos no Pico Sacro” son unha iniciativa do Concello de Boqueixón para tratar de poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, e cubrir as eivas que presenta, sobre todo a ausencia dunha oferta hostaleira en varios quilómetros á redonda. Así, porase en marcha un servizo de food-truck dirixido por Álex Iglesias para que todas as persoas que se acheguen polo Pico Sacro poidan non so tomar un auga ou un café, senón degustar petiscos e produtos locais, entre os que non faltarán clásicos da gastronomía local como as filloas de Lestedo ou a Tarta de Lestedo.

A maiores, o Concello dinamizará eses días (venres, sábados, domingos e festivos) cun servizo de guía turístico gratuíto e un variado programa de actividades con actuacións musicais, recitais de poesías e conferencias sobre o Pico Sacro, entre outras iniciativas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *