AD

Comarca

Boiro convoca unha liña de axudas para situacións de necesidade social

today13 julio, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas económicas extraordinarias destinada a atender situacións de necesidade social para adaptación de vivendas en materia de accesibilidade ou para persoas con dependencia, así como para servizos de respiro familiar ou de conciliación. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron as axudas.

Esta convocatoria realizase no marco do POS+ de gastos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña. “Estas axudas, financiadas pola Deputación da Coruña, permítennos contribuir a axudar ás familias de Boiro en gastos de accesibiliade das súas vivendas” afirmou o concelleiro, Raúl Treus.

Estas axudas están destinadas a membros de unidades de convivencia con recursos económicos insuficientes para cubrir os gastos necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social. As axudas teñen unha dotación económica total de 69.624,50 euros que se van repartir entre tres liñas.

A primeira das liñas está destinada a prestar axudas económicas para a realización de pequenas reparacións ou reformas da vivenda en relación coa accesibilidade; a segunda das liñas está destinada á adaptación funcional da vivenda para persoas en situación de dependencia; e a terceira das liñas é para financiar servizos de respiro familiar e conciliación de vida laboral e familiar.

En canto aos gastos subvencionables vanse financiar actuacións como a substitución de bañeira por prato de ducha accesible; instalación de barras de apoio en baños e outras estancias; colocación de pasamáns en corredores ou escaleiras; eliminación de chanzos en pequenas ramplas; ensanche de portas para facilitar o paso dunha cadeira de rodas; adaptación de baño para persoas con mobilidade reducida; melloras que permitan o acceso seguro á vivenda; pequenas obras destinadas a eliminar barreiras arquitectónicas; ou substitucións de chans por outros antiesbaradizos.

As axudas poden cubrir ata o 100% do gasto subvencionable co limite máximo de 1800 euros para as liñas 1 e 2 e ata 1.100 euros para a liña 3. “O Concello de Boiro volve a ser pioneiro en materia de axudas sociais, primeiro coa adquisición de medios técnicos para cesión e agora con axudas directas para adaptar as vivendas a situacións de necesidade por dependencia”, recoñeceu o alcalde.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 15 de outubro ou ata que se esgote o crédito dispoñible. As bases e toda a documentación está dispoñible na web municipal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *