AD

Comarca

Brión pon en marcha as actividades para maiores, que comezarán o 1 de outubro

today24 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

O prazo para novas inscricións abrirase o 1 de setembro e os bailes quincenais para maiores de 55 anos volverán o domingo 4 de outubro

24 de agosto de 2026.- O Concello de Brión abre hoxe o prazo de renovación de praza nas actividades para persoas maiores do centro social polivalente para o curso 2026/27. Unhas actividades que darán comezo o xoves 1 de outubro e que inclúen piscina, ximnasia, mente activa, informática e grupo de teatro para persoas maiores de 60 anos, así como un curso de manualidades para maiores de 18 anos.

Todos os veciños e veciñas que participaron nalgún destes cursos o ano pasado renovarán automaticamente a súa inscrición, de non indicar nada en contrario. Pola súa banda, o prazo para a incorporación de novos veciños e veciñas abrirase o martes 1 de setembro no centro social polivalente e manterase operativo durante todo o curso no 981 50 99 10 ou no propio centro social polivalente.

Bailes de maiores

Así mesmo, o Concello de Brión retomará en outubro o tradicional baile quincenal con música en directo no centro social polivalente, unha iniciativa totalmente gratuíta e dirixida a veciños e veciñas de máis de 55 anos. O primeiro destes bailes quincenais terá lugar na tarde do domingo 4 de outubro.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *