Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 diciembre, 2023
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) homenaxeará este xoves, 14 de decembro, a doce empresas que cumpriron 25 anos na Asociación do polígono industrial en 2023. As compañías distinguidas foron: Almacenes Moure, Alugal, Asociación Provincial de Talleres (APTCOR), Bricosa Santiago, Carpintería Illobra, Comercial Gobertel, Cotelga, Fademga Plena inclusión Galicia, Inturasa Pérez Rumbao, Neumáticos Tino Santiago, Talleres Uzalvi e Tamesa Santiago.
O evento será no salón de actos da sede do Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1), a partir das 20:00 horas. No acto, que estará presentado por Xavier Freire, vogal da xunta directiva da Asociación, e amenizado pola actuación do Coro de voces graves “Crecente” de Conxo, farase entrega aos homenaxeados dun diploma acreditativo e un pequeno agasallo. Estará presidido polo presidente da AAET, José Fernández Alborés, e contará coa asistencia de diversas autoridades, como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a directora do Instituto Galego de
Promoción Económica (Igape) da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e o reitor da Unviersidade de Santiago (USC), Antonio López; ademais doutros representantes institucionais e das empresas distinguidas. Tamén confirmou a súa presenza a emisora Radio Líder Santiago (97.7 FM) que cubrirá o acto.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)