Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 octubre, 2024
Ames, 30 de outubro de 2024.- O pasado sábado 26 de outubro desenvolveuse en Madrid o campionato de España de clubs sub20, no que participou a atleta amesá María Estévez. A deportista conseguiu un gran resultado, rematando primeira na proba de 2.000 metros obstáculos, cunha vantaxe de 31” sobre a segunda clasificada.
O Concello de Ames estivo representado no campionato de España de clubs sub20, que se celebrou en Madrid o sábado 26 de outubro. Neste senso, a atleta María Estévez, que competiu como atleta filial do clube Ourense Atletismo, vén de realizar novamente unha gran actuación, ao rematar primeira na proba de 2.000 metros obstáculos cunha vantaxe de 31 segundos.
María proclamouse gañadora en 2024 e 2023 da carreira pedestre popular do Concello de Ames, nas categorías sub-18 e sub-16 respectivamente, e agora está a piques de culminar unha gran tempada 2024 na que se proclamou, entre outros, quinta no Campionato de España sub-18 nos 2000 metros obstáculos, terceira no Campionato de España Clubs 2ª División Mulleres – Final A en 800 metros A.L, e primeira no Campionato Xunta de Galicia sub-20 nos 800 metros A.L.
Estes resultados reflicten o esforzo e a dedicación desta deportista, consolidándoa como unha das atletas de medio fondo máis prometedoras da súa categoría a nivel nacional.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)