AD

Comarca

O Pasabodeghiñas 2026 abre a festa en Vedra coa participación dos centros escolares

today24 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

O Pasabodeghiñas 2026 abriu na mañá deste venres, 23 de outubro, o programa festivo coa participación do alumnado do CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas, do CPI Plurilingüe de Vedra e do CEIP Ortigueira.

Os máis pequenos percorreron varios espazos e exposicións do recinto que mañá se converterá nun auténtico fervedoiro de xente. Ademais, gozaron da súa propia Ruta Gaiteira, celebraron un magosto e puxeron o broche á xornada coa actuación de Cé Orquestra Pantasma, incluída na Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Vedra.

Esta primeira cita foi o aperitivo dunha celebración que congrega arredor de 4.000 persoas, cun aforo limitado. A música continuará a ser unha das grandes protagonistas no Campo da Festa, onde o público poderá gozar dos concertos en directo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *