Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de A Baña reafirma o seu compromiso coa transparencia e a boa gobernanza ao poñer a disposición da veciñanza todas as facturas de gastos e ingresos correspondentes ao exercicio 2023, así como a Conta Xeral do mesmo ano.
Estas informacións estarán dispoñibles para a súa consulta na Casa do Concello, e as persoas interesadas en revisalas poderán facelo concertando previamente unha cita a través do correo electrónico correo@concellodabana.gal
Con esta medida, o Concello busca facilitar o acceso á información pública e promover a participación cidadá na xestión dos recursos municipais. A finalidade é ofrecer á veciñanza da Baña unha visión clara e detallada sobre como se xestionaron os recursos municipais ao longo do ano pasado.
A posta a disposición pública da Conta Xeral de 2023 é un paso máis cara a unha xestión máis aberta e accesible, onde a transparencia, a seriedade e a responsabilidade son prioritarias.
Escrito por Líder Redacción
a baña comarca contas 2023 noticias radio ldier santiago radio lider santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)