Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 mayo, 2025
As tapas de salmón poden disfrutarse este venres e sábado, mentres que a degustación popular terá lugar o domingo 18 baixo unha gran carpa na Praza da Constitución
A Estrada vive xa os preparativos para a Festa do Salmón, un dos eventos gastronómicos máis destacados do ano. Este venres 9 e sábado 10 de maio, 17 locais ofrecerán tapas de salmón de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 22.30 horas, a 3 euros por unidade. Entre as propostas destacan o Salmón con patacas ao allo e limón (Andalucía), Tartar de salmón sobre arroz corcante (Navegación) ou o Bocado do Pacífico (Enredo).
O domingo 18, a degustación principal reunirá a 12 establecementos baixo unha carpa na Praza da Constitución, con 5.500 pinchos dispoñibles. Os asistentes poderán escoller entre 20 elaboracións, desde sushi de salmón (O Candil) ata pizza branca de salmón (Míster Pizza) ou empanada de salmón (A Casa do Pan). Os tickets, á venda dende este venres por 4 euros, non vinculan a un restaurante específico, permitindo liberdade de elección no momento.
Con máis variedade que nunca, a edición deste ano consolida unha festa que supera o medio século de historia, converténdose nunha cita obrigada para os amantes da gastronomía.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)