AD

Comarca

A ONCE dedica un cupón á Feira do San Martiño de Teo

today7 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O cupón venderase ao público para o sorteo que terá lugar o vindeiro martes, 12 de novembro, día seguinte á celebración desta feira

Teo (A Coruña), 07 de novembro de 2024.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañada pola concelleira de Cultura e Turismo, Margarita Rosende, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Concello a José Antonio Riveiro Canosa, director da ONCE en Santiago de Compostela, con motivo da presentación do cupón conmemorativo que emitirá esta Organización con motivo da Feira do San Martiño.

O cupón venderase por toda España para o sorteo que terá lugar o vindeiro martes, 12 de novembro, día seguinte á celebración desta feira, cun total de cinco millóns e medio de cupóns. Unha feira, salientou a rexedora municipal, con máis de 500 anos de antigüidade que se segue a celebrar no mesmo lugar de antano, na famosa Carballeira de Francos.

Así mesmo, Lucía Calvo de la Uz, agradeceulle á ONCE a súa colaboración e apoio a esta celebración, impulsando e dando a coñecer a nivel nacional o evento socio-cultural e económico máis destacado do municipio de Teo. Neste senso, a alcaldesa destacou tamén a solicitude realizada este ano polo Consistorio para a declaración do San Martiño como Festa de Interese Turístico de Galicia, co fin de poder incrementar e mellorar a calidade da oferta cultural, lúdica e turística do Concello.

Tamén se busca con esta declaración poder protexer e conservar o patrimonio material e inmaterial do territorio, tanto o emblemático espazo físico onde se celebra esta festa -a Carballeira de Francos no Camiño de Santiago-, como o apego da propia veciñanza da bisbarra, afondando asemade no valor dunha memoria oral colectiva onde a feira exerce un protagonismo único.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%