Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 marzo, 2024
“Rosalía de Castro escribiu a súa poesía en Padrón e editou ‘Cantares Gallegos’ en Vigo, asegurou o alcalde olívico
Centos de persoas seguiron a intervención na praza de Macías, nun acto presentado por Belén Xestal.
La Misión e o grupo local Unión y Fuerza ofreceron os primeiros concertos dunhas festas que apostan por darlle protagonismo á música galega e as voces femininas
A tradicional Feira Cabalar e o concerto de Fillas de Casandra son os principais atractivos da programación do Domingo de Pascua
Padrón. 30-3-2024.- Padrón iniciou hoxe de xeito oficial a semana grande da Pascua, “unhas festas chea de identidade popular e moi queridas por tanta xente en toda Galicia”,
dixo o pregoeiro, Abel Caballero. O alcalde de Vigo achegouse ata a capital do Sar disposto
a “tender pontes, de cristal ou de pedra como os romanos”, entre as dúas localidades,
como fixo unha das figuras máis ilustres da literatura galega.
“Rosalía de Castro uniu Vigo e Padrón escribindo a súa poesía en Padrón e editando
Cantares Gallegos en Vigo”, asegurou Abel Caballero nun pregón que xuntou a centos de persoas na praza de Macías e co que se inauguraron as festas dun xeito oficial. O pregoeiro estivo acompañado polo alcalde local, Anxo Arca, membros do goberno e da Corporación padronesa e autoridades da comarca, nun acto que presentou comunicadora padronesa Belén Xestal.
Despois do pregón, que estivo animado tamén pola música de DJ Espiño, a orquestra La
Misión e o grupo padronés Unión y Fuerza ofreceron os primeiros concertos dunhas festas
que apostan pola música galega e por darlle protagonismo ás voces femininas, con
actuacións para todos os gustos e todas as idades.
Hoxe, Domingo de Pascua, a tradicional Feira Cabalar (que se volve celebrar no Campo da
Barca) e o concerto de Fillas de Cassandra (22.30 horas) son os principais atractivos dun amplo e variado programa. Pola mañá actuará a Banda Municipal de Música de Padrón e o grupo folclórico San Pedro de Carcacía e, pola noite, actuarán as orquestras Miramar e Capitol, ademais do dúo galego de moda este ano.
Ademais da centenaria Feira Cabalar de Pascua, o Concello de Padrón organiza (de 10.00 a
14.00 horas) os tradicionais concursos morfolóxicos nos que se repartirán máis de 3.500 euros en premios e que este ano corren a cargo da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
Pola tarde haberá unha exhibición de doma de alta escola (17.00 horas).
Ao lado da gardería municipal poderase visitar a Feira de exposición de maquinaria agrícola
e industrial, que inauguraron este sábado a tenente de alcalde, Chus Campos, e a concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Ana Castro.
Para garantir unhas festas libres de violencia, o Concello de Padrón contará cun Punto Lila
no paseo do Espolón, entre as 22.00 e ás 04.00 horas dende hoxe (sábado) e ata o vindeiro
luns (día 1). O punto lila tamén estará operativo o vindeiro fin de semana, durante a celebración da Pascuilla, coa que se pecharán as festas deste ano.
Escrito por Líder Redacción
abel caballero festas padron pascua pregon radio lider santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)