AD

Actualidad

Fondo
AD

Deportes

A nova app Deportes Concello de Ames xa está dispoñible en Android e IOS

Actualmente, dita plataforma está dispoñible en versión online e na App Store e no Google Play, polo que ten versión para Android e iOS. Pódese acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e ao pé da páxina web municipal Cómpre destacar que a reserva das pistas municipais de tenis e pádel só se pode facer para uso lúdico. En ningún caso se poden reservar ditas pistas para facer un uso profesional e dar clases destas modalidades deportivas […]

today16 mayo, 2026

Actualidad

Bugallido homenaxea a Begoña Caamaño no inicio dunha fin de semana chea de cultura

- O acto central contou coas lembranzas de Ana Romaní, Andrea Nunes e Guadi Galego, xunto co apoio de autoridades locais e académicas. - A programación continúa este sábado coa III Carballeira das Letras e o domingo co San Isidro. Bugallido, 16 de maio de 2026. A parroquia de Bugallido (Ames) acolleu este venres á tardiña unha cumprida homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño. O acto lembrou a súa faciana máis humana: a nena lectora que se converteu nunha […]

today16 mayo, 2026

Actualidad

As Carrozas do San Cidre estréanse este domingo como Festa de Interese Turístico de Galicia

O conselleiro de Educación e o alcalde de Boqueixón asistirán o domingo ao pregón de María Mera e á entrega dos premios ás mellores carrozas Boqueixón, 15 de maio de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participarán este domingo 17 de maio na LII Festa das Carrozas do San Cidre, que terá lugar en Oural (Boqueixón). Unha celebración que este ano estréase como Festa de Interese Turístico […]

today15 mayo, 2026

Deportes

O Monbus Obradoiro recibe o Selo de Comunicación Responsable

O club compostelán foi distinguido co prestixioso Selo de Comunicación Responsable (SCR), outorgado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Andalucía (CPPA), un recoñecemento que certifica o cumprimento dos principios de profesionalidade, ética xornalística e transparencia nas prácticas comunicativas do club. O Selo de Comunicación Responsable é un distintivo que avala o compromiso de empresas, institucións e organizacións cunha comunicación veraz, responsable e aliñada cos estándares deontolóxicos do xornalismo. Tras a análise da solicitude presentada polo Obradoiro CAB, a documentación achegada […]

today15 mayo, 2026

Destacado

Paula Prado carga contra o goberno compostelán: “Hai máis preocupación pola ideoloxía que polos cidadáns”

A secretaria xeral do PPdeG defende en Radio Líder Santiago a moción de censura lucense, avala o proxecto de Borja Verea para Compostela e acusa ao BNG de vivir “instalado no non a todo” A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, debuxou este martes en Radio Líder Santiago un escenario político no que o Partido Popular busca consolidar unha alternativa de goberno nas grandes cidades galegas. Nunha entrevista concedida ao programa conducido por Álvaro Veiga, Prado defendeu sen matices a […]

today14 mayo, 2026

Actualidad

Mediadoras familiares: «Un ambiente tóxico perjudica más que un divorcio»

Las mediadoras familiares reivindican el diálogo y el bienestar infantil frente al conflicto en las separaciones Silvia Villar y Bárbara Sanmartín destacan en Radio Líder Santiago la importancia de la mediación para evitar que los hijos “queden atrapados” en los conflictos de los adultos Este viernes 15 de mayo se celebra el Día Internacional de la Familia y Radio Líder Santiago abrió sus micrófonos a una realidad cada vez más visible, aunque todavía poco conocida: la mediación familiar. Las profesionales […]

today14 mayo, 2026 2

Comarca

Música, tradición e identidade: Bugallido prepárase para tres días de festa sen descanso

A parroquia de Bugallido volverá converterse esta fin de semana nun dos grandes epicentros culturais e festivos do municipio de Ames coa celebración da terceira edición da Carballeira das Letras e da tradicional festa de San Isidro. Un programa amplo, diverso e interxeracional que combinará literatura, música, folclore, gastronomía e convivencia veciñal nunha cita que medra ano tras ano. Durante unha entrevista concedida a Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago, Martín Ramos —integrante de varias das asociacións organizadoras— puxo en […]

today14 mayo, 2026

Comarca

A Garda Civil investiga a agresión a unha concelleira de Padrón nun acto organizado polo Concello

A concelleira de Servizos Sociais, Educación, Igualdade, Muller, Terceira Idade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Padrón, Mariló Saco, confirmou que presentou unha denuncia ante a Garda Civil contra o veciño que presuntamente a agrediu durante a tradicional comida de confraternidade organizada polo Concello con motivo da festividade de San Xoán do Raio, dedicada ás persoas maiores do municipio. Os feitos producíronse cando unha veciña se sentiu indisposta e a edil, xunto con outras persoas asistentes, estaba a prestarlle atención […]

today14 mayo, 2026

Comarca

Bustelo reivindica o municipalismo “sen liñas vermellas” para acadar acordos de cara á próxima lexislatura

O alcalde de Rianxo pon en valor os investimentos en infraestruturas, a proximidade coa veciñanza e un modelo de municipalismo baseado no diálogo e no consenso, defendendo ademais un turismo tranquilo e sostible, afastado da masificación doutros destinos galegos como Sanxenxo. O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista na que abordou cuestións clave para o presente e o futuro do concello: a campaña turística de verán, os investimentos en saneamento e abastecemento, os encontros […]

today14 mayo, 2026

AD