Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 mayo, 2026
Actualmente, dita plataforma está dispoñible en versión online e na App Store e no Google Play, polo que ten versión para Android e iOS. Pódese acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e ao pé da páxina web municipal
Cómpre destacar que a reserva das pistas municipais de tenis e pádel só se pode facer para uso lúdico. En ningún caso se poden reservar ditas pistas para facer un uso profesional e dar clases destas modalidades deportivas
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de desenvolver a app Deportes Concello de Ames, un novo aplicativo para a inscrición nas actividades deportivas, a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis, pádel…) e a tramitación dos distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. Actualmente, dita plataforma está dispoñible en versión online e na App Store e no Google Play, polo que ten versión para Android e iOS. Pódese acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e ao pé da páxina web municipal. Para dispor de máis información sobre o uso desta aplicación web, podes premer nesta ligazón.
Logo de desenvolver o aplicativo Cronos, o Concello de Ames dá un paso máis na dixitalización dos servizos deportivos coa aplicación Deportes Concello de Ames. Esta plataforma permite aos usuarios e usuarias inscribirse nas actividades deportivas das Escolas deportivas municipais, facer a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis e pádel), e tramitar os distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. Todo, de xeito doado dende un dispositivo electrónico portátil.
Cómpre destacar que a reserva das pistas municipais de tenis e pádel só se pode facer para uso lúdico. En ningún caso se poden reservar ditas pistas para facer un uso profesional e dar clases destas modalidades deportivas.
Accións como a xestión da porta de acceso aos recintos deportivos ou mesmo a activación das luces, poderán facerse facilmente dende esta nova aplicación, a cal tamén permite facer reservas de instalacións para outras persoas ou autorizar a outros usuarios e usuarias para que realicen reservas das pistas deportivas no noso nome.
A Concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “dende o departamento de Deportes demos un paso máis para mellorar os servizos dixitais que ofrecemos á veciñanza amesá cunha nova plataforma de xestión de actividades e instalacións deportivas que se denomina Deportes Concello de Ames”.
Señorís destaca que dita aplicación “xa se pode descargar en dispositivos móbiles a través da App Store e no Google Play. Ademais pódese acceder a través de calquera navegador a través da versión web. Esta aplicación permite realizar a inscrición nas actividades que forman parte da programación deportiva municipal, para a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis e pádel), así como tramitar os distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais”.
Amplo e variado programa de actividades deportivas
O Concello de Ames conta cun amplo e variado programa de actividades deportivas e culturais, ofrecendo arredor de 2.500 prazas nas Escolas deportivas. Estas actividades gozan cun grande éxito de participación. Coa implantación da app Deportes Concello de Ames trátase de facilitarlles aos usuarios e usuarias o acceso ao programa das Escolas deportivas, así como ás instalacións deportiva, e outros servizos como ás piscinas descubertas municipais.
Deste xeito, apóstase pola modernidade coa posta en marcha da plataforma Deportes Concello de Ames, unha aplicación á se pode acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e no pé da web municipal. Ademais de estar dispoñible en versión online, xa se pode descargar na App Store e no Google Play, polo que dispón de versión para Android e iOS.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)