AD

Actualidad

Aitor Bouza: «O PP ten que deixar de mentirlle á cidadanía, porque a xente non é parva»

today20 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

O Secretario Xeral dos socialistas composteláns e candidato número 4 pola provincia de A Coruña ao Parlamento galego participaba este xoves nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde se abordaron distintos asuntos da actualidad local.

Aitor Bouza conversou co director da emisora local de Compostela e comarca, Álvaro Veiga, sobre temas tan candentes como os Orzamentos municipais para 2024 recentemente aprobados polo grupo de Goberno conformado polo BNG e CA, e que contou co apoio do PSOE. O socialista acusa ao popular Borja Verea de «mentir» ao falar dunha subida de impostos «inesistente» en Santiago, algo que para Bouza, «o de mentir vai no ADN do PP, como acabamos de ver na crise da marea plástica», e engade, «o PP ten que deixar de mentirlle á cidadanía, porque a xente non é parva».

Doutrab nada, nunha cidade onde a chuvia é arte e nos acompaña con frecuencia, Bouza non concibe que Santiago teña constantes problemas de inundacións que afectan especialmente ao tráfico, igual que as obras espalladas pola cidade, sobre todo no Campus Sur. Así, pide ao grupo de goberno que afine máis á hora de cadrar os procesos de licitación e execución das mesmas para que afecten o mínimo posible aos cidadáns. «Eu o único que lle pido a goberno municipal actual é que apliquen a mesma vara de medir que ao anterior goberno», explica.

Álvaro Veiga xunto a Aitor Bouza nos estudios de Radio Líder Santiago

O prezo dos alugueiros, así como o estado insalubre de moitos distos inmobles, o ruido nocturno que padecen centenares de veciños en varios puntos da capital, foron algúns dos moitos temas abordados durante a entrevista, onde Bouza respondeu sen pelos na lingua.

No seu papel no Parlamento, asegura que traballará por dar solución ao «caos absoluto” no Hospital Clínico, logo das continuas denuncias da asociación de pacientes do CHUS. Con listas de agarda na Atención Primaria de «15 días». Recorda ademais que desde o 2009, ao remate do goberno de Touriño, en Galicia hai mil profesionais sanitarios menos: “esta é a sanidade proposta polo PP”, lamenta.

A entrevista completa no seguinte video:

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%