AD

Actualidad

Aitor Bouza ocupa o posto número 4 da candidatura do PSdeG ao Parlamento Galego

today10 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O secretario xeral dos socialistas en Santiago ocupa o posto número 4 da candidatura do PSdeG ao Parlamento Galego: “poñemos o noso grao de area para conseguir o mellor resultado nas próximas eleccións”

Bouza cargou ademais contra Alfonso Rueda con motivo da ‘marea plástica’ que inunda as costas galegas de pellets acusándoo de inacción e de mentir

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023. O secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza ocupará o cuarto posto da candidatura de José Ramón Gómez Besteiro á Xunta pola provincia da Coruña. Unha decisión que foi ratificada este martes no Comité Nacional e que, segundo Bouza, demostra “o apoio do partido á Agrupación de Santiago, a súa dirección local e a toda a súa militancia”.

Bouza asegura que a militancia compostelá está ac vada, “vímolo nas mobilizacións que fixemos nos últimos meses” e amósase confiado en que se conseguirá “o mellor resultado nas próximas eleccións autonómicas”: “José Ramón vai ter aquí, en Santiago, o máximo apoio e o máximo respaldo para conseguir o cambio da Xunta”.

Con disposición de poñer o seu “grao de area” desde a Agrupación de Santiago contribuíndo para que “Compostela conte e a sociedade compostelá se vexa reflexada”. Segundo explica Bouza trátase dunha oportunidade “de ouro” para que “todas as cuestións que preocupan ás veciñas e veciños de Santiago cheguen a todas as institucións, tamén ao Parlamento Galego”: “Tiñamos ao mellor candidato e agora temos tamén o mellor equipo”.

Así as cousas, desde as filas socialistas comprométense a traballar “desde xa”. Esta mesma semana, anuncian que se constituirá o Comité Electoral para impulsar “desde xa o traballo e levar achegar todas as propostas que a sociedade galega precisa”. Un comité que, adiantan ademais, estará “aberto a toda a militancia”.

“Non culpamos á Xunta da marea plástica, pero si de inacción e de mentir”

Nunha rolda de prensa este mércores, Bouza amosouse especialmente crítico coa xestión da Xunta da crise medioambiental que está a provocar a chegada de pellets ás costas galegas: “sabían desta cuestión dende o 13 de decembro e ninguén entende por que non fixo nada”.

Acusa ao Partido Popular de só achegar “mentiras e máis mentiras” e denuncia que a sociedade galega “non pode permitirse volver a vivir un episodio que temos tan fresco na nosa memoria colectiva.

Desde o Partido Socialista non culpamos á Xunta de Galicia desta marea plás ca, pero si que lle botamos a culpa da súa inacción e das súas men ras” asegura Bouza que reivindica o traballo dos miles de voluntarios que estes días se están achegando ás costas para intentar “reverter unha catástrofe como a que estamos a vivir” fronte a “inacción da Xunta”.

Solucións inmediatas ante as deficiencias en San Lázaro

Esta fin de semana, durante a celebración do partido da SD Compostela houbo un fallo no subministro de electricidade que impediu que o club puidese colocar as pantallas led publicitarias que lle permiten ter uns ingresos “básicos e importantes”. O secretario xeral dos socialistas denunciou esta situación instando ao bipartito a abordar solucións urxentes para solucionar esta incidencia de maneira inmediata.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%