AD

Comarca

O alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa pon en marcha unha recollida solidaria

today11 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

A campaña de recollida de alimentos non perecedoiros en Arzúa comezará este xoves 12 de decembro e rematará o martes 17 de decembro.

O alumnado dos ciclos medio e superior da familia de comercio e márketing do centro de formación profesional EFA Piñeiral poñen en marcha esta semana unha recollida de alimentos non perecedoiros que serán destinados íntegramente a Cáritas Arzúa.

A recollida da campaña “Compartindo o Nadal” terá lugar nos centros educativos IES Arzúa, EFA Piñeiral e nas propias dependencias do Concello de Arzúa, dende o xoves día 12 ata o martes día 17, agás na fin de semana, no horario de apertura correspondente a cada entidade colaboradora.

“Este Nadal ningún fogar sen un bo xantar”, é o lema que lle da nome á acción solidaria e co que se busca que os veciños e familias desfavorecidos da comarca de Arzúa teñan máis recursos nestas datas.

Esta iniciativa nace como unha resposta do alumnado ás necesidades detectadas en colectividades desfavorecidas, ademáis de supoñer unha oportunidade para aplicar os coñecementos adquiridos nos ciclos formativos en materia de eventos, almacenamento, atención ao cliente, deseño, loxística…

“A nosa misión como centro educativo e a formación integral do alumnado, proxectos coma este permítennos traballar valores, fomentar a empatía pero tamen adquirir e poñer en práctica coñecementos e, é fín, formar líderes con sensibilidade e impacto no territorio. De aí a importancia de que estas iniciativas sexan promovidas polos propios alumnos e conten co máximo apoio do centro” declara Raquel Carregal directora da EFA Piñeiral.

O alumnado da EFA Piñeiral comezou cos proxectos de voluntariado con impacto na comarca de Arzúa o pasado ano. Na recollida solidaria do 2023 recaudáronse 385 kilos de comida na campaña combinada entre o centro arzuá e a EFA Fonteboa (Coristanco).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%