AD

Comarca

Ames concede axudas para a adquisición de material escolar e para as ANPAS

today15 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • A Xunta de Goberno Local aprobou nas últimas semanas a concesión de axudas por valor de 19.999,85 euros, para as actividades organizadas polas ANPAs dos centros educativos municipais durante o exercicio 2024, e maila concesión de 940,35 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, correspondente ao curso 2023/2024
  • A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, agradece “o traballo e dedicación do persoal das ANPAs. Estamos moi agradecidos polo seu esforzo e agardamos que esta achega permita dotalas de maior liquidez para realizar actividades nos colexios, así como dispor de financiamento suficiente para ampliar a súa programación”

Ames, 14 de xaneiro de 2025.- A Xunta de Goberno Local aprobou nas últimas semanas a concesión de axudas por valor de 19.999,85 euros, para as actividades organizadas polas ANPAs dos centros educativos municipais durante o exercicio 2024, e maila concesión de 940,35 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, correspondente ao curso 2023/2024. Estas dúas liñas de axudas municipal dependen da Concellaría de Planificación e Xestión Educativa.

O Concello de Ames vén de aprobar a concesión e o pagamento de axudas por valor de 940,35 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar de nenos e nenas que cursaron o segundo ciclo de Educación Infantil nalgún dos centros escolares públicos do concello durante o curso 2023-2024. Dita aprobación fíxose efectiva na Xunta de Goberno Local do pasado 28 de novembro de 2024. En total beneficiáronse da subvención 20 estudantes.

A convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar estivo dirixida aos pais, nais ou titores legais dos nenos e nenas matriculados no curso escolar 2023/2024 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de educación infantil (segunda etapa, de 3 a 5 anos). Estas bolsas permiten financiar os gastos efectuados desde o 1 de agosto de 2023 e o día en que finalizou o prazo de presentación das solicitudes, o 1 de xullo de 2024.

Esta convocatoria tivo como finalidade facilitar a compra de libros de texto e materiais didácticos para o normal desenvolvemento da actividade académica, de maneira que a poboación escolar integrada en familias con menos recursos dispoña do material educativo preciso para a súa aprendizaxe na etapa de infantil, unha franxa de idade que carece de axudas deste tipo por parte da administración autonómica.

Axudas para as ANPAs de Ames

Por outra banda, aprobouse na Xunta de Goberno Local do 19 de decembro a concesión de axudas para as actividades organizadas polas ANPAs dos centros educativos municipais en 2024. As subvencións ascenden a un total de 19.999,85 euros, que permiten apoiar as diversas propostas das asociacións tales como viaxes, actividades extraescolares ou a organización de encontros e xornadas.

A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, agradece “o traballo e dedicación do persoal das ANPAs. Estamos moi agradecidos polo seu esforzo e agardamos que esta achega permita dotalas de maior liquidez para realizar actividades nos colexios, así como dispor de financiamento suficiente para ampliar a súa programación”.

O importe desta liña de axudas repartiuse do seguinte xeito: A ANPA do CEIP Agro do Muíño recibirá 3.086,89 euros; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 3.086,89 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 750 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 3.086,89; a ANPA do IES do Milladoiro, 3.086,89 euros; a ANPA MILLAPEQUES, da Escola Infantil do Milladoiro, 2.057,93 euros; a ANPA do CEIP A Maía, 2.786,43 euros; e a ANPA San Mauro, do CEIP de Barouta, 2.057,93 euros.

Os conceptos subvencionables son os de viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario, material didáctico, e actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Os gastos obxecto de subvención deberon efectuarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024.

Entre os obxectivos principais desta convocatoria de axudas son enriquecer a formación da poboación escolar en Ames, a través de actividades complementarias á formación regrada que reciben nos centros educativos; promover a convivencia da poboación escolar fóra do ámbito puramente académico; e propiciar a mellora do rendemento por parte do alumnado.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%