AD

Comarca

Ames levará a pleno a gratuidade do tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón

today20 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

 

O grupo de goberno de Ames levará ao pleno ordinario de setembro, que se vai celebrar o vindeiro xoves 26 de setembro, unha proposición sobre a gratuidade do tramo da AP-9 entre Padrón e Santiago de Compostela

Esta medida aliviaría a gran cantidade de tráfico que soporta a N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro

Ames, 20 de setembro de 2024.- O grupo de goberno de Ames levará ao pleno ordinario de setembro, que se vai celebrar o vindeiro xoves 26 de setembro, unha proposición sobre a gratuidade do tramo da AP-9 entre Padrón e Santiago de Compostela. Esta medida aliviaría a gran cantidade de tráfico que soporta a N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.

O grupo de goberno presentará por vía de urxencia a seguinte moción no pleno ordinario de setembro:

A autoestrada AP-9 é a principal vía de comunicación do territorio galego, conectado o país de norte a sur. Ames e o seu entorno son fortemente dependentes desta infraestrutura que, na actualidade grava, dependendo da clase de vehículo, de 2,85 euros a 4,70 euros o paso polo tramo Santiago-Padrón.

As estradas do concello de Ames constitúen unha opción gratuíta para todas aquelas persoas que non estean dispostas a pagar as desmedidas tarifas impostas, coa consecuente sobrecarga de tráfico nas vías alternativas do noso termo municipal. A nacional 550 soporta o paso de 30.000 vehículos diarios que perturban a vida de 15.000 habitantes do noso concello e sofren as nefastas consecuencias da contaminación ambiental e acústica producidas polo volume de tráfico.

A humanización do Milladoiro é un logro que foi posible grazas á insistencia de concelleiros e concelleiras de distintas cores políticas que defenderon esta actuación nos distintos mandatos e dos veciños do Milladoiro que a levan reclamando durante anos de forma unida.

Hoxe este empeño virouse en realidade e dende o grupo de goberno damos resposta ás reclamacións da veciñanza de Ames que pide aliviar a presión nos viarios alternativos á avenida de Rosalía de Castro. Por este motivo dende o grupo de goberno realizamos a seguinte proposta de acordo para que o Pleno de Ames inste ao Goberno Central a establecer a gratuidade do tramo de AP-9 comprendido entre Santiago de Compostela e Padrón.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%