AD

Comarca

Amplíanse os servizos dixitais coa nova app Deportes Concello de Ames

today4 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

A aplicación, que terá versión para Android e iOS, permite xestionar a inscrición nas actividades deportivas municipais das Escolas deportivas, reservar instalacións de tenis e pádel e tramitar os distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais

A Concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “dende o departamento de Deportes damos un paso máis para mellorar os servizos dixitais que ofrecemos á veciñanza amesá coa nova plataforma Deportes Concello de Ames. Deste xeito, amplíamos os servizos que xa ofrecíamos a través da anterior aplicación web e APP”

Ames, 4 de maio de 2026.- O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de desenvolver a app Deportes Concello de Ames, un novo aplicativo para a inscrición nas actividades deportivas, a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis, pádel…) e a tramitación dos distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. Actualmente, dita plataforma dispón de versión online e en breve estará dispoñible na App Store e no Google Play, polo que terá versión para Android e iOS. Pódese acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e ao pé da páxina web municipal. Para dispor de máis información sobre o uso desta aplicación web, podes premer nesta ligazón.

Logo de desenvolver o aplicativo Cronos, o Concello de Ames dá un paso máis na dixitalización dos servizos deportivos coa aplicación Deportes Concello de Ames. Esta plataforma permite aos usuarios e usuarias inscribirse nas actividades deportivas das Escolas deportivas municipais, facer a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis e pádel), e tramitar os distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. Todo, de xeito doado dende un dispositivo electrónico portátil.

Accións como a xestión da porta de acceso aos recintos deportivos ou mesmo a activación das luces, poderán facerse facilmente dende esta nova aplicación, a cal tamén permite facer reservas de instalacións para outras persoas ou autorizar a outros usuarios e usuarias para que realicen reservas das pistas deportivas no noso nome.

A Concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “dende o departamento de Deportes damos un paso máis para mellorar os servizos dixitais que ofrecemos á veciñanza amesá cunha nova plataforma de xestión de actividades e instalacións deportivas que se denomina Deportes Concello de Ames”.

Señorís indica “trátase dunha aplicación creada para realizar a inscrición nas actividades que forman parte da programación deportiva municipal, para a reserva dos distintos espazos deportivos (pistas de tenis e pádel), así como tramitar os distintos tipos de carné de acceso para as piscinas descubertas municipais. A través desta aplicación amplíamos os servizos que xa ofrecíamos a través da anterior aplicación web e APP”.

Amplo e variado programa de actividades deportivas

O Concello de Ames conta cun amplo e variado programa de actividades deportivas e culturais, ofrecendo arredor de 2.500 prazas nas Escolas deportivas. Estas actividades gozan cun grande éxito de participación. Coa implantación da app Deportes Concello de Ames trátase de facilitarlles aos usuarios e usuarias o acceso ao programa das Escolas deportivas, así como ás instalacións deportiva, e outros servizos como ás piscinas descubertas municipais.

Deste xeito, apóstase pola modernidade coa posta en marcha da plataforma Deportes Concello de Ames, unha aplicación á se pode acceder a través dos banners que están colocados na cabeceira e no pé da web municipal. Actualmente, dita plataforma dispón de versión online e en breve estará dispoñible na App Store e no Google Play, polo que terá versión para Android e iOS.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *