AD

Comarca

Víctor Fernández, PSOE de Ames: “Neste pleno queda patente a traizón do BNG, ESCO e PP aos veciños do Milladoiro»

today26 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • A agrupación dos Socialistas de Ames celebra a primeira executiva do curso político
  • A veciñanza non esquecerá que os únicos que demos a cara pola humanización de Rosalía de Castro fomos os Socialistas de Ames”
  • A agrupación homenaxeará ao histórico socialista amesán Manolo Paz o vindeiro 25 de outubro

Ames, 26 de setembro de 2024.- A agrupación dos Socialistas de Ames retoma ás reunións executivas mensuais abertas á militancia para analizar a situación da agrupación e avaliar a xestión do Goberno municipal de xeito regular. Esta primeira xuntanza serviu para iniciar o curso político facendo partícipe á agrupación, revisar como partido a actualidade do Concello de Ames e acordar unha homenaxe ao histórico socialista amesán Manolo Paz, que terá lugar o vindeiro 25 de outubro.

A actualidade vén marcada por dúas mocións que irán a pleno, unha presentada polo grupo de goberno pedindo a gratuidade da AP-9, e outra dos tres grupo da oposición que reclaman a paralización da actuación máis importante da historia do Milladoiro, un investimento de 4,4 millóns de euros. Dende os Socialistas de Ames apoiamos de forma incondicional a actuación do Goberno local nas xestións realizadas para que esta obra se poida materializar.

O portavoz da executiva do PSdeG-PSOE de Ames, Víctor Fernández, resumiu o sentir da agrupación expresando que “neste pleno queda patente a traizón do BNG, ESCO e PP aos veciñas e veciñas do Milladoiro”, e conclúe avisando de que, “a veciñanza non esquecerá que os únicos que demos a cara pola humanización de Rosalía de Castro fomos os Socialistas de Ames”.

Por outra banda a agrupación acordou homenaxear ao histórico socialista de Ames Manolo Paz polos seus anos de dedicación, compromiso, lealdade e traballo na agrupación. Esta homenaxe terá lugar o venres, 25 de outubro, e será arroupado pola militancia de Ames e da contorna.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%