AD

Comarca

Pablo Vidal candidato á alcaldía de Ordes polo BNG

today16 octubre, 2026

Fondo
share close
AD
  • O acto de presentación da candidatura terá lugar o xoves 22 de outubro no auditorio da Casa da Cultura de Ordes e contará coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Ordes, 16 de outubro de 2026 – O portavoz do grupo municipal do BNG de Ordes, Pablo Vidal, encabezará por terceira vez a candidatura do BNG ás eleccións municipais, co obxectivo de seguir incrementando apoios da veciñanza para acadar a alcaldía nos comicios do 23 de maio de 2027.

O candidato agradece o apoio e a confianza da militancia do BNG e manifesta que “logo de 14 anos de experiencia como concelleiro da corporación municipal, chegará ás eleccións completamente preparado para asumir o reto de gobernar un concello que leva moito tempo demandando un cambio”.

Vidal remarca que “o PP leva 12 anos gobernando Ordes e manexando uns 131 millóns de euros en presupostos municipais, tempo mais que de sobra para facer todo aquilo que agora novamente promete”. Ademais, considera que o resultado “é unha vila carente de vida e un rural completamente esquecido e desatendido”, situación da que asegura “só se pode saír cun novo goberno ilusionado, que traia frescura, ganas de traballar e que saiba escoitar con humildade e atender as problemáticas que lle traslada a veciñanza”.

O candidato nacionalista tamén explica que o BNG “conta cun proxecto serio, ambicioso e transformador, coas ideas claras do que Ordes precisa para saír da deriva na que se atopa sumido e para volver a ser o motor e a referencia da comarca”. Vidal aspira a “conseguir a confianza daquelas persoas que, independentemente do que votasen noutros procesos electorais, soñen cun Ordes vivo, grande, con servizos de calidade e integrador”.

O acto de presentación de Pablo Vidal como candidato do BNG á alcaldía de Ordes terá lugar o vindeiro xoves 22 de outubro ás 20:15 horas, no auditorio da Casa da Cultura da localidade, e contará coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Desde a agrupación nacionalista convidan a toda a veciñanza a que os acompañen neste encontro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *