Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un incendio destruíu por completo o piso superior dunha vivenda en Mesía, na parroquia de Boado, na noite do pasado martes. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, aínda que os servizos sanitarios atenderon ao dono do inmoble por unha crise de ansiedade. Ningunha persoa foi trasladada ao hospital.
O suceso foi notificado ao 112 Galicia minutos antes das 22:30 horas, cando un particular alertou de que a parte superior da casa, situada no lugar de Fontorto, estaba ardendo. No momento do incendio non había persoas no interior da vivenda, pero os servizos de emerxencias interviñeron rapidamente.
As lapas consumiron por completo a planta superior, onde había mobles e outros materiais almacenados. Unha vez extinguido o lume, os equipos de extinción procederon a ventilar a vivenda para eliminar os restos de fume.
No operativo participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ordes, o GES de Curtis e a Garda Civil.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)