AD

Actualidad

Arzúa abre o seu proceso de selección de alcaldes pedáneos nas 22 parroquias

today28 agosto, 2024

Fondo
share close
AD

Arzúa 28 de agosto de 2024. Desde hoxe, 28 de agosto, os veciños e veciñas de Arzúa xa poden presentar a súa candidatura para ser alcaldesa ou alcalde pedáneo/a nas 22 parroquias do concello. Este proceso, que permanecerá aberto durante 10 días naturais, ten como finalidade reforzar a comunicación entre o Concello e a veciñanza, así como fomentar a participación veciñal, especialmente nas áreas rurais que se atopan máis afastadas do día a día da vila.

O obxectivo desta iniciativa é garantir que todos os veciños e veciñas, independentemente de onde vivan, teñan a oportunidade de trasladar as súas necesidades e inquedanzas de forma directa a través dun representante escollido democraticamente. Esta nova figura servirá como un enlace máis próximo entre as parroquias e o Concello, permitindo desenvolver políticas máis inclusivas e representativas.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destacou a importancia deste proceso, afirmando: «O noso compromiso é que todos os veciños e veciñas, independentemente da parroquia onde vivan, poidan trasladar as súas necesidades de forma directa. Coa elección das alcaldesas e alcaldes pedáneos, estamos a dar un paso importante para reforzar a colaboración entre o Concello e a veciñanza, facilitando decisións máis próximas, participativas e transparentes. Recoñecemos que, no pasado, a comunicación con certas parroquias puido mellorarse, e este proceso busca precisamente achegar o Concello a esas zonas, que na súa maior parte son núcleos rurais, para responder mellor ás súas necesidades.»

Desde hoxe mesmo, as bases xa están dispoñibles na web do Concello para que aquelas veciñas e veciños que teñan interese poidan presentarse. Animamos a todos a consultar a información completa e participar activamente neste proceso para mellorar a representación que teñen as parroquias no concello

Comunicación : Isabel Fernández – 698 17 99 44

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%