AD

Comarca

Igualdade de Arzúa impulsa o punto violeta na Festa dos Botes 2024

today11 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O goberno municipal arzúan colabora coa mocidade, organizadora da festa, para garantir “unha festa segura, libre de agresións machistas e lgbtifóbicas”
  • “O punto violeta estará atendido por personal especializado e estará destinado a concienciar ás persoas asistentes sobre a importancia de que a Festa sexa un espazo seguro, informar de como proceder no caso de ser vítima dunha agresión machista ou lgbtifóbica e acompañar de se producir”, explicou Lucía López, concelleira de igualdade.

Arzúa, 11 de setembro de 2024. A vindeira fin de semana Arzúa celebrará a festa grande da xuventude arzuá, a Festa dos Botes. Dende a Concellería de Igualdade, que dirixe a nacionalista Lucía López Sobrado, colaboran coa mocidade arzuá, organizadora deste evento, coa instalación dun “Punto violeta”, un espazo para a concienciación e a información no que, tal e como explican desde o goberno municipal, “queremos implicar a toda a veciñanza na necesaria loita contra as violencia machistas e lgtbifóbicas e extender de forma masiva a información necesaria para saber como actuar ante un caso de violencia. Queremos unha Festa dos Botes libre de condutas que poidan lixar o bon desenvolvemento do que ten que ser un acontecemento de convivencia e diversión nun ambiente sano” explicou a concelleira.

Para este cometido, a Concellería de Igualdade co apoio do Centro de Información ás Mulleres de Arzúa, e en colaboración coa Comisión organizadora da festa, apostou por situar na Praza de Galiza, no lugar en que se celebrarán os concertos, prato forte da Festa dos Botes, este Punto Violeta, que permanecerá “aberto e atendido por personal especializado durante a noite do sábado, desde as 22 horas até a 1:00 da madrugada” explicaron desde a Comisión organizadora da Festa dos Botes.

“O punto violeta está destinado a concienciar ás persoas asistentes sobre a importancia de que a Festa sexa un espazo seguro e informar de como proceder no caso de presenciar ou ser vítima dunha agresión machista ou lgbtifóbica así como apoiar e acompañar ás vítimas de se producir algunha situación deste tipo”, explicou Lucía López, concelleira de igualdade.

Desde o goberno municipal agradecen á Comisión da Festa dos Botes a boa receptividade e implicación para desenvolver esta iniciativa, “pois será a primeira vez que esta festa conte cun Punto Violeta” explicou Lucía López que, engadiu, “é un orgullo ver como a mocidade arzuá está preocupada e se implica en desterrar a lacra da violencia machista e entende que non poden ter cabida na nosa sociedade nin o machismo e a lgbtifobia” sinalou a concelleira nacionalista.

Desde o goberno municipal arzuán e a Comisión da Festa dos Botes confían en que esta edición vai ser “unha grande festa e convidamos a toda a veciñanza e visitantes a quedar en Arzúa e participar no importante número de actividades previstas” concluíron.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%