AD

Actualidad

Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario municipal de 2024

today21 diciembre, 2023

Background
share close
AD

 

 

 

  • O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario municipal do ano 2024 de forma gratuita.

Coincidindo coa feira de mañá, venres 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao mercado a partires das 11:30h na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Nesta mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do martes 26 as persoas interesadas tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal. Tamén haberá exemplares na Piscina Climatizada e nas librarías da vila: Anagrama, Díaz e Os Picariños.

Os veciños e as veciñas das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, contactando co seu alcalde pedáneo.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano á programación cultural municipal. Así, ademais de consultar, por exemplo, os festivos ou as lúas, cada mes poderase ver unha fotografía das actividades culturais que o Departamento de Cultura organiza ao longo de todo o ano xunto con diversas citas ou reflexións sobre a importancia de preservar as nosas tradicións, manter viva a celebración das nosas festas e costumes máis arraigadas e da necesidade de participar nelas para tales fins.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, destacaba esta mañá “a importancia de que algo tan últil durante todo o ano como é o calendario sirva tamén para involucrar a toda a veciñanza en toda actividade cultural que, ademais de definir a nosa identidade como pobo, supón un importante espazo de socialización”. García aproveitou a ocasión para “felicitar as festas a toda veciñanza e desexar un bo e feliz aninovo”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%