AD

Comarca

Arzúa segue apostando polo seu comercio sorteando 3000 € en tarxetas regalo

today11 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

 

Arzúa, 11 de decembro de 2024.- O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo, dirixida por Begoña Balado, lanza unha nova edición da campaña ”Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal”, en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA) e ABANCA. Esta iniciativa, que reforza o compromiso de Arzúa por dinamizar e promocionar o comercio local, permitirá ás persoas participantes optar ao sorteo de 50 tarxetas regalo cun valor total de 3.000 € , repartidos en 10 premios de 100 € e 40 premios de 50 € .

A campaña foi presentada hoxe no Salón de Plenos do Concello coa participación de Cristina Carril, Xerente de AECA, Uxío Villar, Director da oficina de ABANCA en Arzúa, Alfonso Alcalá, Secretario do Concello de Arzúa, Santi Villanueva, Técnico de Turismo do Concello e Begoña Balado, Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo de Arzúa.

Segundo Begoña Balado, “esta campaña é unha forma de apoiar os negocios locais, incentivando as compras no comercio de proximidade e contribuíndo á dinamización da economía local durante estas datas tan especiais”.

Requisitos para participar

Poderán participar todas as persoas maiores de idade que realicen compras superiores a 30 € nos comercios e locais de restauración adheridos ao Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA), agás supermercados, farmacias e gasolineiras, que quedan excluídos da promoción.

Para formalizar a participación será necesario:

– Escribir no reverso do tícket de compra o nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.
– Depositar o tícket nas urnas habilitadas nos establecementos participantes entre o 11 de decembro
de 2024 e o 11 de xaneiro de 2025 .

Os participantes poderán presentar tantos tíckets como compras realicen dentro do período promocional.

Premios e sorteo:

A campaña reparte 3.000 € en premios , distribuídos do seguinte xeito:

– 10 tarxetas regalo de 100 € cada unha.
– 40 tarxetas regalo de 50 € cada unha.

As tarxetas regalo deberán ser utilizadas exclusivamente nos establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto de Arzúa antes do 28 de febreiro de 2025 e non poderán ser canxeadas por diñeiro en metálico.

O sorteo terá lugar o 16 de xaneiro de 2025, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Arzúa, en presenza do secretario municipal ou doutro funcionario designado.

Notificación aos premiados:

Os nomes das persoas gañadoras serán publicados o 20 de xaneiro de 2025no taboleiro de anuncios do Concello de Arzúa, na súa páxina web e nas redes sociais oficiais. Ademais, os premiados serán contactados telefonicamente para recoller as súas tarxetas regalo no Departamento de Promoción Económica do Concello, os días 22 e 23 de xaneiro en horario de 09:00 a 14:00 horas, presentando o DNI para verificar a identidade.

Con esta acción, o Concello de Arzúa reafirma a súa aposta polo tecido empresarial local, promovendo un consumo responsable e apostando por un Nadal cheo de oportunidades no comercio de proximidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%