AD

Actualidad

As rúas de Padrón contan con novas papeleiras fabricadas con tapóns solidarios

today30 abril, 2024

Background
share close
AD
  • O alcalde Anxo Arca e a concelleira Ana Castro presentaron os novos colectores que ademais de contribuír á reciclaxe buscan dar visibilidade á enfermidade de Dent e axudar á investigación

Padrón. 29-04-2024.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Urbanismo, Ana Belén Castro, asistiron este luns 29 abril á presentación das novas papeleiras realizadas en colaboración con Art for Dent.

Xunto a Ana Isabel Lapido, de Netcycle, e a María Castelao, de Art for Dent, percorreron as rúas da vila nas que se colocaron as papeleiras realizadas cos tapóns que recolleu a asociación desde hai catro anos na Esclavitude, e que foron realizadas por Netcycle en A Pobra do Caramiñal coa colaboración do Concello de Padrón.

Coa colocación destas papeleiras sostibles, ademais de contribuír á reciclaxe e ao coidado do medio ambiente, búscase dar visibilidade á enfermidade de Dent e converter o material de plástico en doazón para a investigación no Nefrochus no Hospital Clínico de Santiago.
Art for Dent e o Concello de Padrón levan traballando dende hai máis de 4 anos neste proxecto na Esclavitude que comezou a raíz do diagnóstico de Hugo coa enfermidade de Dent en decembro de 2019. A veciñanza participou activamente na campaña de axuda ao xogador de fútbol e o Novo Campo do Doce focalizou a recollida de tapóns de solidariedade chegados de diferentes puntos de Galicia.

Grazas a colaboración de Concellos, empresas, colexios, asociación, institucións e persoas particulares recicláronse máis de 100 toneladas que se converteron en doazón para a investigación da enfermidade de Dent no Nefrochus (laboratorio de xenética de enfermidades renais) e no IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) de Santiago.

A campaña segue activa co obxectivo de manter a doazón para a investigación desta enfermidade e darlle visibilidade a esta doenza minoritaria.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%