AD

Destacado

Atopan morto un veciño de Santiago no seu domicilio de Entremuros

today26 octubre, 2026

Fondo
share close
AD
  • Os bombeiros accederon á vivenda tras o aviso dunha persoa que non tiña noticias del

A falta de noticias dun veciño de Santiago de Compostela levou outra persoa a contactar este domingo coa Policía Local. Tras o aviso, os servizos de emerxencia acudiron á súa vivenda, situada na rúa de Entremuros, onde foi atopado sen vida.

Segundo a información facilitada pola Policía Local, a intervención tivo lugar arredor das 15.00 horas. Os bombeiros accederon ao interior do inmoble e localizaron o falecido.

Posteriormente, un médico forense desprazouse ata o domicilio e certificou o falecemento.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *