Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Boqueixón, representado polo seu alcalde Ovidio Rodeiro, estivo presente hoxe en Fitur «por triplicado».
Co GDR Terras de Compostela, presentando a campaña «Terras de Santiago. Distintas maneiras de desfrutar da auga» xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a directora de promoción de Turismo de Galicia , Carmen Pita; a actriz María Vázquez; a presidenta do GDR, Guarina Rey; e representantes dos concellos integrados na agrupación.
Cos amigos e amigas da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, que compartiron esta esquisitez gastronómica cos presentes e puxeron en valor a Festa da Filloa de Lestedo, apoiando que merece ser declarada de Interese Turístico Nacional.
E co Camino Miñoto Ribeiro, defendendo a oficialidade dunha fermosa ruta xacobea que vai dende Braga (Portugal) ata Santiago de Compostela.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)