Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 abril, 2024
“Queda claro que as mensaxes de odio, as calumnias e os bulos da dereita e da ultradereita non van poder continuar”, afirma o Secretario Xeral dos socialistas en Compostela que pon en valor o compromiso de Sánchez con Santiago
Bouza fai un chamamento “a todas as persoas que consideran que se pode cambiar o mundo a través da política” a afiliarse e sumarse ao proxecto do PSdeG na cidade
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024. Foi pouco despois das 11 da mañá cando o presidente do goberno, Pedro Sánchez, confirmaba a súa con nuidade no cargo “con máis forza se cabe”. “Hoxe gaña a democracia” asegurou o secretario xeral dos socialistas en Santiago despois de coñecer a decisión Sánchez coa que, asegura, “con rmase que as políticas de progreso no noso país van con nuar” e tamén van a seguir adiante os proxectos pendentes do Estado en Compostela gracias, insiste, “ao compromiso de Pedro Sánchez coa nosa terra”.
Un anuncio que chega logo dun fin de semana de mobilizacións multitudinarias en toda España, e tamén en Compostela, onde o sábado se concentraba máis de un centenar de persoas ás portas da Casa do Pobo en mostra de apoio a Sánchez e en defensa da democracia. Un apoio que o propio Aitor Bouza agradece, convencido de que a decisión de Sánchez vai máis aló dunha boa nova para o PSOE, senón que é un día histórico “para España, Galicia e Santiago”.
“Queda claro que todas as mensaxes de odio, as calumnias e os bulos da dereita e da ultradereita non van poder continuar porque nos terán enfronte”, asegura Bouza que interpreta o clamor social de estes días como unha mensaxe “alta e clara” de “todos os demócratas” que “non imos permitir os ataques persoais dentro da política”.
Chamamento ás persoas que consideran “que se pode cambiar o mundo a través da política”
Aitor Bouza que destacaba este luns como un día “de celebración” e ledicia no socialismo compostelán, animou ás persoas que se mobilizaron nos últimos días a dar o paso e “sumarse ao proxecto do Par do Socialista e de Pedro Sánchez” afiliándose no PSdeG en Santiago. Apela Bouza directamente a todas as persoas que “consideran que poden cambiar o mundo a través da política” e “non queren entrar nese lodazal que fixo o Partido Popular”.
Con vistas ao futuro, Bouza destaca o papel do PSOE como “partido clave para este país e para Compostela”: “e o seguirá sendo en Galicia” recalca, poñendo en valor o “gran peso que ten Compostela na nova executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)