Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 mayo, 2026
Teo (A Coruña), 29 de maio de 2026.- O Concello de Teo celebrou esta tarde a súa terceira gala de nomeamento de Fillos Adoptivos e Mención de Honra, recoñecendo o labor de Hugo Vázquez, Ramón Villares, Ignacio Balboa e o Colectivo A Rula.
A gala estivo presidida pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada por numerosas autoridades, entre elas, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, Román Rodríguez, e de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, entre outros.
Un acto solemne onde a rexedora enxalzou o traballo realizado polos catro premiados, “que dedican parte da súa vida a mellorar a nosa sociedade, a crear conciencia do verdadeiramente importante… a deixar pegada na historia”, mentres destacaba a singularidade que aportan ao Concello de Teo co seu labor.
Neste senso, destacou que son “pezas importantes da nosa Galicia actual e cómpre que tamén sexan embaixadores do seu propio concello”, pois estes premios son parte desa ferramenta excepcional para visibilizar toda a riqueza teense e incrementar o patrimonio cultural, “que non é pouco”, matizou a alcaldesa.
Os premiados deste ano, cuxa proposta foi aprobada no Pleno de abril cos votos a favor do Partido Popular e as abstencións do resto de partidos políticos (BNG, PXCT e PSOE), súmanse á lista de galardoados polo Concello de Teo, entre os que figuran Manuel Quintana Martelo, Paula Carballeira, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Roberto Vilar, Rafael Romero Masiá e a asociación Teenses pola Igualdade.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)