AD

Comarca

Case 500 persoas participaron na Festa dos Maiores de Brión

today5 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

5 de setembro de 2026- Unhas 500 persoas participaron na Festa dos Maiores do Concello de Brión, celebrada hoxe no polideportivo municipal de Pedrouzos. Un acto presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen estivo acompañado pola concelleira de Maiores, Rosa Romero; Cultura, Sandy Cebral; Medio Rural, José Antonio Vidal; e Turismo, Guarina Rey; así como polos concelleiros do PP María Fariña, Waldo Carballo e Emilio Jesús Aparicio.

O alcalde brionés destacou que este evento é “unha xornada moi especial porque nos permite xuntarnos e agradecer aos nosos maiores todo o que fixeron ao longo das súas vidas polas súas familias, as súas parroquias e o noso municipio. Moito do Brión que temos hoxe é resultado do seu traballo e do seu esforzo, algo que recoñecemos neste evento”. Ademais, convidou a todos os presentes a sumarse en tres semanas “á Romaría de Santa Minia, que este ano foi declarada de Interese Turístico de Galicia, unha distinción que merecía dende hai moito tempo e que supón poñer en valor o esforzo de persoas coma vós e os vosos antecesores no mantemento dunha das mellores romarías de Galicia durante todos estes anos”.

Así mesmo, Lago Sanmartín aproveitou para animalos a participar nas actividades para maiores que teñen lugar no centro social polivalente, que inclúen baile quincenal con música en directo, piscina, ximnasia, mente activa e grupo de teatro. “Unha maneira de manterse activos e socializar con persoas da mesma idade e mesmos intereses”, apunto o alcalde.

Os maiores presentes no polideportivo municipal desfrutaron dunha comida de confraternización a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro e sobremesa, servida polo restaurante Casa Taboada. Como na pasada edición, a música correu a cargo do grupo de gaitas Xoldra, de Rois, que volverá actuar esta tarde xunto á cantante local Ruth Cundíns.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *