Críticas á nova estación de Santiago por «anular visual e simbolicamente» o edificio de 1943
A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego considera que a gran cuberta metálica da infraestrutura «relega a un segundo plano» o edificio ferroviario de 1943 e reclama maior sensibilidade coa paisaxe histórica de Compostela A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego expresou a súa preocupación polo resultado da nova intervención na estación ferroviaria de Santiago de Compostela, ao considerar que a actuación altera profundamente a percepción da histórica terminal inaugurada en 1943 e reduce o seu […]