AD

Comarca

2577 Resultados / Página 12 de 287

Fondo
AD

Comarca

O ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os días 7, 8 e 9 de agosto

Melide, 6 de xullo de 2026. A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide (Asetem), en colaboración co Concello da vila, celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto unha nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local con descontos e oportunidades nunha ampla variedade de artigos. As tendas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 17 de xullo enviando un correo electrónico a info@asetem.com, chamando ao teléfono 981 50 61 […]

today6 julio, 2026

Comarca

O espectáculo Quimera sorprende ao público durante a Feira Medieval de Padrón

• Centos de persoas asistiron ao estreo do espectáculo de malabares, acrobacias aéreas e maxia, unha proposta que reivindica a protección dos bosques e das fragas • Persoas de todas as idades gozan coas múltiples actividades de rúa que se celebran toda a fin de semana • A delegación de Arjonilla, acompañada polo alcalde Anxo Arca, completou esta mañá o Camiño de Santiago coa chegada á Catedral Padrón. 5-7-2026.- A XIX Feira Medieval de Padrón viviu esta fin de semana […]

today5 julio, 2026

Actualidad

Padrón e Arjonilla reforzan o seu irmandamento durante a XIX Feira Medieval

• Os alcaldes destacan a cooperación entre ambos municipios e reivindican o valor dos lazos que unen ambos os dous pobos. • As dúas corporacións realizaron unha ofrenda floral diante do monumento a Macías O Namorado no Xardín Botánico-Artístico. • Anxo Arca e Luis Miguel Carmona inauguraron a Feira Medieval xunto con autoridades, veciñanza e visitantes nun percorrido polo mercado de época. Padrón. 4-7-2026.- Padrón e Arjonilla volveron escenificar este sábado a fortaleza do seu irmandamento no marco da XIX […]

today4 julio, 2026

Actualidad

O comercio tradicional boirense protagoniza o inicio das Festas do Verán 2026

O Concello de Boiro deu comezo este venres ás Festas do Verán 2026 por todo o alto co comercio tradicional boirense como homenaxeados deste ano nun pregón presentado por Leti da Tababerna que recoñeceu a contribución destes negocios ao desenvolvemento económico, social e humano de Boiro ao longo de moitas xeracións. Participaron neste pregón representantes de negocios como Noemi, a de Lola, A taberna de María, a taberna de Runs, a Casa do Demo, o bar Bocacho, a de Josefina, […]

today4 julio, 2026

Comarca

Rianxo levará ao pleno a aprobación da primeria RTP da historia do concello

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Rianxo vén de aprobar por unanimidade a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT), un documento organizativo que o goberno local define como “histórico” dado que nunca antes se chegou a aprobar. A proposta chega despois dun proceso de negociación coa representación sindical e inclúe un expediente completo composto polo organigrama administrativo, as fichas descritivas dos postos, a valoración técnica de cada un deles, o cadro resultante da RPT eo manual […]

today2 julio, 2026

Actualidad

Arzúa mellora a contorna da Casa do Peregrino

O Concello de Arzúa está a executar as obras de acondicionamento e mantemento da contorna exterior da Casa do Peregrino en Río Vello, unha actuación promovida pola Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Balado, co obxectivo de mellorar este espazo e continuar poñendo en valor as infraestruturas de interese turístico do municipio. Os traballos inclúen a instalación de valados de madeira para delimitar parte da parcela, a mellora e saneado do camiño lindeiro e da zona de acceso á edificación, […]

today2 julio, 2026

Comarca

Brión e Deputación invisten máis de 1M€ na mellora das infraestruturas deportivas do municipio

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde, Pablo Lago Sanmartín, asinaron o convenio para renovar o campo de fútbol José Pumar e supervisaron a ampliación do polideportivo de Pedrouzos 2 de xullo de 2026.- O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou hoxe Brión, onde asinou co alcalde, Pablo Lago Sanmartín, o convenio de cooperación para executar as obras de remodelación do campo de fútbol José Pumar, na parroquia de Bastavales. Posteriormente, ambos comprobaron o resultado dos traballos […]

today2 julio, 2026

Comarca

A renovación de 500 luminarias permitirá a Rianxo aforrar uns 50.000 euros anuais

O Concello de Rianxo levará a cabo a renovación integral do sistema de iluminación da vila grazas á concesión dunha subvención de 547.364,30 euros no marco da segunda convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de alumeado exterior municipal do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Rianxo foi un dos 68 municipios de toda España seleccionados nesta convocatoria, o que permitirá […]

today1 julio, 2026

Comarca

A sétima edición de Viladomar enche Rianxo de arte urbana

Lula Goce, Agustina Shuan e Alejandro Mosquera comezan desde hoxe a transformar distintos espazos da vila nunha nova edición do festival de arte pública. Rianxo, 1 de xullo de 2026.- Comeza unha nova edición de Viladomar, máis alá dos muros. Ata o 11 de xullo, Rianxo volverá acoller novas intervencións murais e unha programación que converterá a vila nun punto de encontro entre arte pública, creación contemporánea e participación. Impulsado pola Asociación Cultural Ondiñas Mainas en colaboración co Concello de […]

today1 julio, 2026

AD