AD

Comarca

2577 Resultados / Página 8 de 287

Fondo
AD

Comarca

Ames autoriza pantallas nas terrazas para seguir a final do Mundial de fútbol

O Concello de Ames vén de publicar un bando municipal a través do que se autoriza, con carácter excepcional, á instalación e utilización de pantallas ou televisores nas terrazas dos establecementos de hostalaría do municipio, para a retransmisión da final da Copa do Mundo de Fútbol que vai ter lugar o vindeiro domingo 19 de xullo Con esta iniciativa trátase de facilitar que a veciñanza, que así o desexe, poida ver en grupo a final do mundial de fútbol, e […]

today16 julio, 2026 7 2

Comarca

Esta é a programación das vodas de prata da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino

• As rapazas e os rapaces do Pino campións de Europa de fútbol gaélico as dúas últimas temporadas darán o pregón • A representación de ‘Quimera’ abrirá o programa o sábado 1 de agosto e a exhibición ecuestre ‘Sin Límites’, do adestrador Santí Serra Camps, pechará a celebración o domingo 2 • A Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira, a Mostra Cabalar, Artesanía no Camiño, a concentración de coches clásicos, as demostracións de oficios e o voo de […]

today16 julio, 2026

Comarca

Ames solicita unha subvención de 2M€s para sufragar a construción do mercado de abastos

Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que se aprobou a solicitude dunha subvención nominativa, a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ames, para a construción do mercado municipal de abastos Este proxecto enmárcase dentro do plan Conecta Ames, incluído dentro da convocatoria para a asignación de senda financeira do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos plans EDIL, no marco do desenvolvemento […]

today15 julio, 2026

Comarca

O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames

“Hoxe estou aquí para asumir un compromiso moi sinxelo de expresar, pero moi esixente de cumprir: estar á altura de Ames”, recalcou Escarlata.  A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a Escarlata Pampín como a candidata a alcaldesa que pode facer que Ames “dea un paso adiante”. Escarlata Pampín foi escollida por unanimidade da asemblea local como candidata para as vindeiras eleccións de maio de 2027   “Xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza da veciñanza para liderar […]

today15 julio, 2026

Comarca

Vila de Cruces honra ás persoas de máis idade na súa xuntanza anual

O Concello de Cruces honrou as persoas de máis idade na súa xuntanza anual: Julio Pedreira, de 96 anos, José Pampín, de 95, Divina Sánchez, de 93, e Victoria Consuelo Alonso, de 92 anos Ilusión e encontros foron as sensacións compartidas polos máis de 500 veciños e veciñas que se reuniron nas Ínsuas de Gres A música de Carlos Manteiga, xantar, sorteos e baile completaron a xornada festiva chea de ledicia Vila de Cruces, 15 de xullo de 2026 (Vía […]

today15 julio, 2026

Comarca

Teo licita o contrato para o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 1.200 metros con anchuras variables e, polo tanto, unha superficie a aglomerar de 5.020 metros cadrados As actuacións previstas pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas polo cidadán Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 28 de xullo Teo (A […]

today15 julio, 2026

Comarca

Boiro executa as obras para a reordenación e urbanización do Parque de Cimadevila

O Concello de Boiro está a executar as obras para a reordenación e urbanización do parque de Cimadevila. O alcalde, José Ramón Romero, visitou o lugar para coñecer como se están a desenvolver as actuacións. Con esta actuación o que se pretende é a renovación dun espazo de lecer situado no lugar de Cimadevila, así como aumentar os espazos de aparcamento nunha zona moi transitada. “Seguimos traballando no acondicionamento de espazos públicos e na dotación de servizos á veciñanza como […]

today15 julio, 2026

Comarca

Arzúa mellora o Roteiro da Fervenza das Hortas cunha actuación integral de roza e limpeza

A actuación, impulsada pola Concellería de Turismo, abrangueu o percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das Hortas e terá continuidade co acondicionamento do mobiliario urbano Arzúa, 13 de xullo de 2026.- O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Turismo, vén de finalizar os traballos de roza, limpeza e acondicionamento do Roteiro da Fervenza das Hortas, unha actuación dirixida a mellorar o estado de conservación, a seguridade e o desfrute dun dos enclaves naturais máis destacados do […]

today14 julio, 2026

Comarca

Boiro convoca unha liña de axudas para situacións de necesidade social

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas económicas extraordinarias destinada a atender situacións de necesidade social para adaptación de vivendas en materia de accesibilidade ou para persoas con dependencia, así como para servizos de respiro familiar ou de conciliación. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron as axudas. Esta convocatoria realizase no marco do POS+ de gastos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña. “Estas axudas, financiadas pola Deputación da Coruña, permítennos […]

today13 julio, 2026

AD