Sar prepárase para unha cita clave: chamamento do Obra para encher o pavillón ante o Palencia
O vindeiro domingo 5 de abril ás 18:30 horas, o Monbus Obradoiro disputará un partido determinante da tempada fronte ao Super Agropal Palencia no Multiusos Fontes do Sar. A entidade compostelá fai un chamamento á súa afección para converter o pavillón nun auténtico fortín nun encontro que pode marcar o rumbo do curso. Co obxectivo de lograr o mellor ambiente posible, o club lanzou unha campaña especial de entradas con prezos reducidos. Os abonados poderán acceder co seu carné habitual, […]