AD

Comarca

Boiro acolle este sábado a XXXVIII Promoción do Ciclismo de Boiro – Gran Premio Ricardo Riveiro

today23 abril, 2026

Fondo
share close
AD

Boiro, 23 de abril de 2026-. O Concello de Boiro colabora co Club Ciclista Barbanza na organización da XXXVIII Promoción do Ciclismo de Boiro 2026, que terá lugar este sábado 25 de abril. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o fundador do club, Ricardo Riveiro; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o membro da directiva, José Ramón Torrado.

A proba contará con tres circuítos distintos para as distintas idades. Por un lado estará a proba alevín cun percorrido de 5,5 quilómetros; a proba infantil de 13,8 quilómetros e a proba cadete que percorrerá os termos municipais de Boiro e Rianxo e que será de 51 quilómetros. “Participan nesta proba rapaces e rapazas de clubs deportivos de toda Galicia e de ámbito nacional”, afirmou Ramón Torrado.

Trátase dunha proba con varios portos de montaña e será puntuable para a Copa Galicia do Porvir 2026. “Esta proba, que vai pola súa 38 edición, pon en valor o bo facer do club en materia de escolas deportivas, formando ciclistas e persoas”, recoñeceu Juan Carlos Muñiz.

O presidente do club, Ricardo Riveiro, ao que se lle dedica esta proba, agradeceu “o traballo da directiva, os pais e a implicación dos nenos e nenas que participan nas probas deportivas”. Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a presenciar esta proba que “é un referente no noso municipio, que está mais que consolidada e que demostra o gran traballo que fai o Club Ciclista Barbanza cos mais pequenos formando ciclistas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *