Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz formaron parte do combinado galego nesta competición na que participaron grandes atletas a nivel internacional
A participación destes deportistas amesáns neste e noutros campionatos de nivel débese ao gran traballo que realizan durante todo o ano, o que se materializa en bos resultados e convocatorias coa Selección Galega
Ames, 20 de abril de 2026.- O club amesán TK Denodo tivo representación, mediante tres dos seus deportistas, no Open de España cadete, celebrado a pasada fin de semana en La Nucía, Alicante. Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz, que formaban parte da Selección Galega, foron os representantes do conxunto amesán. Os tres, xa participaran no mes de marzo no Campionato de España.
Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz, deportistas do TK Denodo de Bertamiráns participaron no Open de España cadete de taekwondo celebrado en La Nucía, Alicante. Os prometedores deportistas amesáns formaron parte dunha selección galega que participou nunha gran competición na que estiveron presentes atletas de toda Europa.
Os resultados para os rapaces do TK Denodo foron moi positivos, pois Dmytro (coñecido deportivamente como Dima) obtivo a medalla de bronce logo de vencer con solvencia as roldas previas e caer eliminado nas semifinais co representante italiano, e Jorge e Xián quedaron a un paso do podio, acadando os dous o quinto posto.
Jorge gañou dous combates, mais caeu no seu emparellamento de cuartos de final contra o actual campión de España. No caso de Xián, este tamén conseguiu as primeiras vitorias, pero, tamén en cuartos de final, caeu derrotado fronte ao representante de Casaquistán, que posteriormente vencería o torneo.
A participación de Dima, Jorge e Xián neste e noutros campionatos de nivel débese ao gran traballo que realizan durante todo o ano, o que se materializa en bos resultados e convocatorias coa Selección Galega.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)