AD

Actualidad

Comezan os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude nos IES

today19 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD

19/12/2023.- O IES Xelmírez I acolleu esta mañá os primeiros talleres formativos sobre o proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude, aos que asistiron 300 alumnos e alumnas de 4º da ESO, do ciclo de VideoDJ, e de 1º e 2º de Bacharelato. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude achegouse ao centro para animar aos rapaces e rapazas a participar, achegando primeiro as súas propostas e involucrándose despois na votación. María Rozas incidiu en que «para o Goberno é importante que a mocidade teña un papel activo nas decisións que lles afectan, e queremos ofrecerlle ferramentas e oportunidades para expresárense».

Os talleres desenvolvéronse esta mañá en tres quendas no IES Xelmírez I, e repetiránse ao longo do mes de xaneiro noutros centros da cidade. Nalgúns casos, cando así se solicite por parte dos institutos, serán telemáticos. Ademais, celebraránse xuntanzas en facultades e con diferentes colectivos xuvenís.


100.000 euros para actividades

No proceso Compostela Decide vaise definir o destino de 100.000 euros dos orzamentos municipais de 2024 para actividades do departamento de Xuventude. Na primeira fase, a de realización de propostas, poderá participar calquera persoa sen límite de idade. As propostas, que non poderán superar cada unha delas o orzamento de 15.000 euros, poderánse remitir por varias vías: a través da web decide.santiagodecompostela.gal; no correo electrónico decide@santiagodecompostela.gal; nos espazos municipais habilitados, ou nos diferentes encontros sobre este proceso. Esta fase desnevolveráse ata o mes de febreiro.

Na fase de votación das propostas só poderán participar os mozos e mozas nacidos entre 1994 e 2008 que residan, estuden ou traballen en Santiago. A través da web dos Orzamentos Participativos, cada persoa deberá votar tres das propostas presentadas, indicando o seu grao de preferencia. Esta fase desenvolverase na segunda metade de febreiro, unha vez publicada a listaxe definitiva das propostas despois da súa avaliación técnica.

A concelleira de Xuventude lembrou que «no Concello de Santiago temos xa experiencias previas de Orzamentos Participativos para a mocidade, e deles sairon actividades moi interesantes como o programa de lecer nocturno Boas Noites, que perviviu alén dos orzamentos participativos; o festival As Cancelas Primavera Fest, o Mes da Cultura Urbana, o programa Hortalíza-Te, ou mesmo actividades de concienciación sobre igualdade e violencia de xénero».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%