AD

Actualidad

Comezan os traballos de reurbanización no segundo tramo da rúa García Lorca

today20 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

O novo tramo da actuación abrangue o segundo terzo do ámbito, que se corresponde co tramo central e máis estreito da rúa. Trátase dunha zona onde non existe continuidade das beirarrúas, polo que a actuación consiste, entre outros traballos, en crear os itinerarios peonís necesarios para darlle continuidade aos desprazamentos a pé e mellorar a seguranza das persoas que se desprazan camiñando.

Os traballos, que se iniciarán o mércores 21 de outubro, comezarán pola renovación das redes de auga, saneamento, alumeado e telecomunicacións, para continuar coa renovación de pavimentos e as beirarrúas. Ao igual que no resto da rúa, tamén está prevista a instalación de novo mobiliario urbano e a mellora das zonas verdes. Estes traballos teñen estenderanse ata o mes de febreiro.

Cabe lembrar que a reurbanización da rúa García Lorca inclúe a mellora da accesibilidade e da funcionalidade en todo o ámbito, a mellora da calidade do espazo urbano con novas zonas verdes e de estancia e socialización, e a renovación de forma integral das redes de servizos.

No primeiro tramo da rúa, onde xa se realizaron as conexións dos bloques de vivendas coas novas redes, siguen avanzando os traballos de pavimentación na superficie.

O inicio destes traballos no segundo terzo da rúa tamén implica cambios na mobilidade. Só se permitirá o acceso rodado a residentes desde a avenida de Castelao ata a rúa de Guadalupe e desde a rúa dos Irmandiños ata a rúa de Celso Emilio Ferreiro, mentres que a rúa de Guadalupe, onde se sitúa a capela do mesmo nome, tamén está cortada. Ademais queda prohibido estacionar en toda a zona das obras durante a súa execución.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *