Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 octubre, 2026
A actuación abrangue 1.400 m2 e forma parte do compromiso do Goberno municipal coa recuperación e posta en valor dos núcleos do concello.
Val do Dubra, 20 de outubro 2026.- O Concello de Val do Dubra continúa avanzando na mellora dos espazos públicos e na recuperación dos seus núcleos de poboación a través de actuacións
destinadas a facelos máis funcionais, coidados e humanizados.
Neste marco, a intervención nos interiores de Pedra do Home, na parroquia de Portomouro, supón unha importante mellora da contorna, cunha superficie de actuación de aproximadamente 1.400 metros cadrados.
Os traballos contemplan a execución dun pavimento de formigón, acompañado de franxas laterais de adoquín de granito, combinando resistencia, funcionalidade e integración na contorna.
Ademais, baixo o pavimento canalizaranse as augas pluviais, coa instalación de sete pozos de rexistro e oito arquetas para acometidas, mellorando as infraestruturas deste espazo.
A obra, denominada Acceso Pedra do Home, está incluída no POS+ Adicional 2 de 2024 e conta cun investimento de 109.420 euros. A empresa adxudicataria é Obras y Viales de Galicia, S.L.
Esta actuación enmárcase na aposta do Goberno municipal pola recuperación e posta en valor dos núcleos de Val do Dubra, ampliando e mellorando os espazos comúns para facelos máis agradables, funcionais e pensados para as persoas.
Con intervencións coma esta, o Concello reafirma o seu compromiso cun modelo de municipio que coida os seus núcleos, mellora as infraestruturas locais e favorece a convivencia veciñal, contribuíndo a conservar e dinamizar os espazos que forman parte da identidade de Val do Dubra.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)