Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 octubre, 2026
ORTIGA abre unha nova etapa con «Cabra», unha colaboración con Galician Army que serve como primeiro adianto do seu próximo disco, previsto para os primeiros meses de 2027. O tema combina electrónica de espírito rave, disco-funk e un pop-rap de ritmo verbal desbordante, sen perder os trazos máis recoñecibles de ambos os proxectos.
O músico de Chantada e o dúo galego exploran novos camiños nunha canción que concentra a súa enerxía nunha consigna: «súbelle á música, ponte cadela». O encontro amplía o universo sonoro de ORTIGA e leva a proposta de Galician Army cara a un terreo no que conviven o baile e a verborrea.
«Cabra» chega dous anos despois de «Obra social», o álbum co que ORTIGA percorreu escenarios de todo o Estado desde 2024, nunha xira de preto de 120 concertos. Agora, o artista ten preparado un novo traballo de estudio do que esta colaboración constitúe a primeira mostra.
O lanzamento acompáñase dun videoclip dirixido por Lorenzo Negueruela, colaborador habitual de ORTIGA no audiovisual, e coa dirección creativa de Conjuro, responsable de traballos para artistas como Carlos Ares ou VVV [Trippin’ You]. Na peza, os tres músicos aparecen nun escaparate que acaba por se transformar nun espazo paralelo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)