AD

Actualidad

Este é o ‘gym’ da comarca de Santiago que está revolucionando a práctica do deporte

today13 enero, 2025

Fondo
share close
AD

 

Sigüeiro, no Concello de Oroso, alberga un centro deportivo que se está a converter nunha auténtica referencia na comarca: Ágora Box For All. Este espazo innovador ofrece moito máis ca un ximnasio tradicional, apostando por unha combinación única de actividades, profesionalidade e ambiente familiar. “Queremos que a xente sinta que vén á súa segunda casa”, comenta Román Varela, responsable do centro.

Dende o seu arranque en 2024, o centro foi consolidándose como un punto de encontro para persoas de todas as idades e niveis, cunha ampla oferta de actividades como cross-training, alterofilia, boxeo, calistenia, pilates terapéutico, baile latino e máis. Todas as disciplinas están dirixidas por profesionais de elite, como Martín Liste, pentacampión de España en alterofilia, ou Pablo Liñallo, campión de boxeo. “O nivel dos nosos monitores fai que cada clase sexa unha experiencia única”, asegura Varela.

A filosofía de Ágora Box For All non só se centra no deporte, senón tamén na creación de comunidade. “Aquí o deporte é motivador porque tiramos uns dos outros; facemos amigos e creamos un ambiente acolledor”, sinala Varela. Ademais, o centro prioriza a conciliación, con actividades para nenos que coinciden coas dos adultos, e servizos como un parque de bolas para os máis pequenos.

Cara ao 2025, Ágora Box For All segue innovando. Entre as novidades está un taller de dominadas o vindeiro 8 de febreiro, impartido polo recoñecido profesional Pablic, ademais da incorporación de novas máquinas de cardio para ampliar a oferta do centro. “Sempre escoitamos as necesidades dos nosos usuarios para mellorar día a día”, engade Varela.

Con tarifas accesibles e a posibilidade de probar actividades de forma gratuíta, o centro mantén as portas abertas a todos aqueles que queiran iniciarse ou progresar no mundo do deporte. Ágora Box For All é o lugar perfecto para iniciar o ano con propósito, saúde e, sobre todo, bo ambiente.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *